Pola nova lei antitabaco entendo que nos estadios de fútbol xa non se poderá fumar, por fin
Para os que gostades de usar aplicacións "fossify" achei un identificador de chamadas spam que funciona moi ben. Desde que o teño non boto de menos a app de teléfono de Google
https://apt.izzysoft.de/fdroid/index/apk/com.addev.listaspam
Vexo moita historia coas centrais nucleares pero parece que a ninguén lle importan as de carbón e gas…
RE: https://masto.news/@vigo/116921790619405331
Un win-win. Pagan máis e veñen menos 😏
Agora si, chegou o momento de dar de baixa Google One e pasar a ter o control do que é meu. Non imaxinei nunca descargar toda a miña vida deste xeito.
#Google #GoogleOne #Nextcloud #Immich
Nextcloud, plataforma que se pon como alternativa a Google require dos servizos de Google Play para as notificacións 🤯
Quero ver o eclipse, mais teño unha nena de 2 anos que se me ve mirando ao sol vai querer facelo sen protección nin nada. Que alternativa é a mellor para gozar do eclipse sen ver ao sol?
Desde que teño memoria vendo fútbol, isto é o maior avance que lembro: a pausa de hidratación.
No mundial é fixa, faga calor ou non. Por que no resto de competicións depende da temperatura?
45 minutos a ese nivel de intensidade sen beber auga trae lesións. Debería ser norma en todo o fútbol, sempre.