Montei o meu propio Spotify na casa
Cansei do algoritmo de Spotify decidindo por min. Montei un Navidrome na casa, organizo as etiquetas con Picard, compro en Bandcamp cando podo e en Android uso Symfonium, que por 6€ é mellor ca calquera app de streaming que probei.