Visto que hai que mercar unha baliza V16 antes de xaneiro e que venden moitas non homologadas, algunha recomendación?
Alguén coa tempada 4 de #TheWitcher? Está Liam Hemsworth á altura?
Hai uns días bromeaba cuns colegas sobre emigrar se entra V🤮X no goberno e eu propoñía Irlanda como destino. Pois ben:
«A candidata apoiada polo Sinn Féin gaña a presidencia de Irlanda cun programa contra a OTAN e a favor de Palestina»
https://www.nosdiario.gal/articulo/internacional/candidata-apoiada-polo-sinn-fein-alcanza-presidencia-irlanda/20251026183454237822.html
Tremenda reflexión coa que me sinto moi identificado
Infoxicación e hiperestímulos
https://thecheis.com/2025/10/23/infoxicacion-e-hiperestimulos/
Mañá vou facer unha andaina e apetecíame facerlle un seguimento. Hai anos usaba Wikiloc, mais non me preocupaba tanto o uso de software libre, a privacidade e esas cousas.
Que recomendades?
Montei unha instancia de #Ntfy no meu servidor da casa. Agora a probar que cheguen as notificacións a través dela.