Avatar de Roi

Pepephone cambioume a IP da casa esta noite e fallaba todo esta mañá.

A broma é que teño un servizo correndo para estes casos nos que automatiza o cambio da IP, pero como uso o meu propio DNS na casa… fallou tamén e non era quen de comprobar a IP 😅.

Terei que darlle unha volta.

Avatar de Roi

Acabo de rematar “El color de la magia” de Terry Pratchett e o final deixoume… intrigado. O humor, ao final, gañoume, pero noto que lle falta algo para ser o comezo épico da saga que todo o mundo ensalza. ¿Alguén máis sentiu o mesmo?

#TerryPratchett #Mundodisco