Por un intre alegreime ao ler que Trump ordenara cortar relacións comerciais con España. Entón lembrei que iso depende do humor que teña ese día… igual mañá xa lle apetece comerciar de novo…
Torturas outra vez nos telexornais coma se fose algo fermoso. Sangue, medo e dor convertidos en espectáculo por tradición sen que case ninguén o cuestione. E a prensa, toda, aínda o branquea. Puto San Fermín.
Se hai que ter segunda feira, que sexa así: co neboeiro a envolver Vigo despois desa calor abafante da fin de semana. Até a segunda feira sabe mellor hoxe
Publicación Vigo Vindeiro en Telegram: https://t.me/VigoVindeiro/1934?single
💔 Mala actualización. Deuse licenza a un edificio que fai desaparecer as derradeiras vistas ao mar na curva de San Gregorio. O Concello non tivo a sensibilidade para manter unha estampa típica e o único recuncho onde se albiscaba o mar dende Tomás A. Alonso.
Uns poucos con piscina; todos sen vistas.
O baixo, ese instrumento tan infravalorado.
Un profesor díxome unha vez que a música é un organismo e o baixo é o corazón que latexa debaixo da pel.
Ese día a música cambiou para min. Comecei a escoitar diferente, a buscar ese fío escuro e cálido que sostén todo desde abaixo. E cando atopo un baixo ben tocado… o resto de instrumentos soan como deberían.