O malo de que xogue o #Celta tan tarde é que a ver quen durme despóis… Sempre estou acelerado despois dos partidos
Non deixa de resultarme curioso que na publicidade que sae nas canles de #Telegram, se se trata de estafas cripto non permita denuncialos, pero se é unha canle que anuncia ofertas en tendas online si…
Os desenvolvedores de #GrapheneOS decidiron aproveitar que fan un SO exclusivo para dispositivos con pantallas AMOLED poñendo todas as stocks apps cun fondo azul eléctrico que non permite cambiar 🙃.
Cando se acende a pantalla co espertador pola mañá a iluminaria azul esta parece que te está a abducir un alien.
RE: https://masto.news/@vigo/115966153543081678
A boa nova está despóis da coma
Entendo a decisión, aínda que algúns quedamos orfos sen a nosa dose diaria deste espectacular humor. Grazas Héctor!
#HoraVeintipico #HectorDeMiguel #Quequé
RE: https://mastodon.social/@timoneda/115921377712829661
Volve @timoneda!! :ablobcheer: :ablobblewobble:
Bo día mastodontes! Veña, que non todo vai ser rosmar e protestar. Café ben cargado en man e a por esta segunda feira con enerxía. Espero que teñades un comezo de semana estupendo e que a preguiza do luns non vos atrape.
A facer cousas bonitas!
Entre a policía da moral e os bloqueos indiscriminados, estase quedando un Fediverso precioso para quen lle guste vivir nun búnker 🙄
É tan difícil entender que as ferramentas de bloqueo persoal existen por algo? A moderación estrita a nivel de instancia está convertendo isto nun lugar irrespirábel. Marchamos dun algoritmo que nos di que temos que ler para caer nun moderador que nos di o que non temos que ler. Pois igual o paxaro ou o ceo azul non son tan malos lugares.