Avatar de Roi

Din de baixa #Deezer enviando un correo coas suxerencias sobre as grandes carencias que presenta.

Plantéxome probar #Tidal, mais o feito de ser estadounidense tírame para atrás…

Avatar de Roi

Este para min é o mellor capítulo do xogo. Establecido ao lado de Valentine, hai que facer as misións para poder mellorar o campamento, cabalos, armas, etc. mais non ir rescatar a Micah. E nese momento explorar. Cazar todos os lexendarios, facer as profesións e todas as secundarias. Mais, sobretodo con calma e gozando do camiño.

Avatar de Roi

O Red Dead Redemption 2 é unha traxedia interactiva. É un xogo que transmite unha sensación de slow burn onde o xogo recompensa o explorar e o tomar as cousas con calma. Onde cada personaxe ten unha personalidade moi marcada e van evolucionando a medida que avanza o xogo. Incluso a túa propia forma de xogar con Arthur (o personaxe que manexas no xogo) vai cambiando porque o xogo invita a que así sexa.

#reddeadredemption2

Avatar de Roi

Levo dende as 11 da mañá trackeando ao furgón de reparto de GLS que me ten que traer un paquete e leva todo o día percorrendo a mesma rúa de lado a lado (máis de 200 números) unha e outra vez a facer entregas.

Igual deberían ter un software que lle ordenase as entregas por enderezo en vez de polo que sexa que teñan. Isto é un gasto de combustible e tempo enorme.