@roicou supoño que é tan impactante e conmovedor, tan ética e moralmente crítico, tan cinematográficamente avasalador que non tes afouteza abondo para facerlle fronte.
@marcostaracido de feito, tiven que apagar a tele porque sentín que a miña alma non era o suficientemente pura para semellante obra mestra. Para a semana vouno intentar de novo, pero despois de dous grolos de licor café, a ver se así alcanzo ese nivel de iluminación
@andrewblasco@marcostaracido non é mala en si, mais engadíronlle un humor absurdo e escatolóxico que queda metido a calzador totalmente fóra de contexto que é constante en todo o episodio
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon