Algunha app para #Android tipo "Photoshop" en cutre? Que permita o básico, seleccionar unha cor e cambiala e cousas así
O uso do bloqueo de instancias á lixeira é a maior ameaza para este ecosistema. Bloquear por toots descontextualizados é unha irresponsabilidade que nada ten que ver con "coidar a comunidade".
Estades convertendo isto no mesmo estercoleiro de ego e división do que viñemos os que fuximos do paxariño azul. Para isto, aforrábamos a mudanza.
Lonxe do graves que son esas palabras. Titular só ao alcance dos que seguíamos o "Dígocho eu" por alá pola pandemia 😂
«"Unha zorra máis con cans non vai resolver o problema": Trump búrlase do Exército de Dinamarca e da defensa de Groenlandia»
https://www.nosdiario.gal/articulo/internacional/zorra-mais-cans-non-vai-resolver-problema-trump-burlase-do-exercito-dinamarca-da-defensa-groenlandia/20260115115516244444.html
Acabo de meter tantos comentarios nunha solicitude de revisión dun Pull Request que ata me da pena polo programador…
RE: https://tuiter.rocks/@ElenaMusk/115880918805961030
Sempre divertido o horóscopo do mapache
É curioso que na publicidade de #Telegram poida denunciar anuncios de canles de "choios", mais non me de a opción de denunciar cando son anuncios de estafas cripto
O ambientador "roupa limpa" do Lidl chéirame a tabaco e prodúceme ganas de fumar 🤯. Deixeino hai 10 anos e non volvín probar o tabaco dende entón.
Tal e como escribín un día, o #fediblock só se debería usar en casos moi extremos, mais non aprendemos e bloqueados instancias enteiras á mínima… Pedimos unha rede libre para pechala nós mesmos
https://roicou.gal/a-moderacion-no-fediverso-entre-o-coidado-da-comunidade-e-o-perigo-do-fediblock-111