Chamémoslle polo seu nome: suborno.

Chamémoslle polo seu nome: suborno. Pagarlle a médicos para que acurten as baixas é comprar a traizón á saúde dos pacientes.

Vaia banda de miserábeis temos no goberno.

«Rueda desouve os colexios médicos e mantén a proposta de pagar máis a facultativos que acurten as baixas dos pacientes»
nosdiario.gal/articulo/politic

4 comentarios

  1. @roicou estou pensando en escribirlle unha carta para agradecerlle que convirta en robot a unha boa médica como a que por fin atopara eu, e que curiosamente na última revisión meteume presa para voltar ao traballo no verán. Non houbo un gran cambio no último mes, pero repentinamente a causa da miña ansiedade (o traballo) xa non é motivo para non traballar. De vergoña, e o que é aínda peor, estou dando pasos atrás porque isto elevoume a ansiedade.

    1. @itsjustMay haberá que darlle as grazas a todas esas persoas que lles votan sabendo que fan o que fan

  2. @roicou eu diría coacción, non pagarlles se non fan o que quero.
    Ainda peor, incentivar decisións non basadas en criterios médicos. O xuramento hipocrático ó lixo. Podería ser delito?

    1. @Africano infames

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *