Din de baixa #Deezer enviando un correo coas suxerencias sobre as grandes carencias que presenta.

Din de baixa #Deezer enviando un correo coas suxerencias sobre as grandes carencias que presenta.

Plantéxome probar #Tidal, mais o feito de ser estadounidense tírame para atrás…

7 comentarios

  1. @roicou Cagonto…. tes razón. Cando eu creei a conta inda tiñan a sede en Noruega, malia ter entrado xa os ianquis.

    Pero agora xa aparece en Nova Iorque…

    Ogalla Deezer poña as pilas, parece que son os últimos que inda resisten aquí.

      1. @roicou a ese nin tocalo cun pau.

        Fai uns anos vin a serie que fixeron sobre a creación de Spotify e alucinei porque puñan a Ek coma unha auténtica merda de persoa (malia ser unha produción sueca). Agora vexo que o mesmo quedaron curtos.

        1. @rubiosero non a vin. Mais o tipo é un excremento

  2. @roicou e estou con Qobuz pero fáltanlle moitas cousas galegas ou de produtoras máis pequenas. Tampouco está tan suxerido o que che mostra, é máis un búscate a vida.

  3. @roicou eu estou pensando en sacarme de plataformas (actualmente teño Spotify) e montarme un Navidrome.

    Deixoche este toot de @coegho onde comparte o seu stack, por si che interesa o tema e queres ver por onde tirar:

    mastodon.gal/@coegho/115544802

    1. @adrianrico97 @roicou eu estou moi satisfeito, a verdade, pero é certo que non é para todo o mundo, é máis caro e tes que estar disposto a implicarte máis coa túa colección musical

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *