Entre a policía da moral e os bloqueos indiscriminados, estase quedando un Fediverso precioso para quen lle guste vivir nun búnker 🙄É tan difícil entender que as ferramentas de bloqueo persoal existen por algo?

Entre a policía da moral e os bloqueos indiscriminados, estase quedando un Fediverso precioso para quen lle guste vivir nun búnker 🙄

É tan difícil entender que as ferramentas de bloqueo persoal existen por algo? A moderación estrita a nivel de instancia está convertendo isto nun lugar irrespirábel. Marchamos dun algoritmo que nos di que temos que ler para caer nun moderador que nos di o que non temos que ler. Pois igual o paxaro ou o ceo azul non son tan malos lugares.

#fedidrama #fediblock

5 comentarios

  1. @roicou
    A liberdade do fediverso consiste en que se poden migrar as contas.
    O fenómeno do bloqueo de instancias non é novo.
    Que eu lembre o inaugurou un tal fanta que administraba mastodon.madrid.
    Tras o bloqueo seu nodo durou como un ano.
    Atrás del pero asesorados por el repetiuse a movida con raw.masto.host e paquita.masto.host… ámbolos dous nodos están tamén xa desaparecidos.
    Os admin pódense sentir empoderados ata o punto de bloquear nodos da rede, pero seus usuarios han botar de menos sempre poder contactar con quen lles pete.
    Tempo ao tempo.

  2. @roicou ao principio pasoume unha idea semellante a túa pola cabeza. Nembargantes, despois de ler toda a información aportada por @rober non podo estar en desacordo. A decisión é moi difícil pero o traballo feito pra tomala foi boísimo. Ogalla todos fixeran o traballo tan ben.

    1. @macal non dubido do esforzo detrás, pero si das conclusións. Vin moitos matices perdidos e confusións nese informe.

      É arriscado centralizar decisións tan drásticas porque o erro humano existe. Creo firmemente que a ferramenta de bloqueo é máis xusta cando está en mans de cada usuario, que é quen mellor coñece o seu contexto, en lugar de impoñelo dende arriba para toda a comunidade.

      1. @roicou non toda a xente ten os recursos culturais, emocionais, de tempo… Que permitan ver e decidir tan sinxelamente cando de produce un feito coma o que nos atañe, de feito inclúome nese de xente.
        Se se permite que esas conductas continúen, producede una permeabilidade, unha aceptación progresiva nin facilmente detectabel dende un punto de vista interno.
        Pra min é moito mais fácil ou factible valorar a decisión dun admin e chegado o caso retirarlle a miña confianza, que tratar de estar ao día de todo e coñecer todos os aspectos dun tema antes de ter unha posición.

        1. @macal non falo de permitir calquera conduta nin de que cada un se busque a vida. Falo de rigor.

          Se les con calma na fonte toda a conversa en cuestión, vese claramente que os toots expostos están sacados de contexto. Ademais, castigar a unha instancia enteira polo que fan un par de persoas paréceme desproporcionado.

          Todo cheira a decisión tomada en quente: esaxerada, impulsiva e executada demasiado a correr para as consecuencias que ten.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *