@roicou A ver, é un crack que vive no seu mundo da cirurxía, rico abondo coma para montarse unha fundación e un quirófano móbil no que ten acudido a cento e pico países a atender a xente sen medios… De balde. Non é un filósofo tampouco… coa súa opinión sobre política limpo o cú.
@durru@roicou téñolle visto un vídeo corto celebrando as moderneces do sistema chino,que accedes ó avión cun recoñecemento facial, que gran idea, que cómodo. O que dis, sabe do que sabe ou non morde a man de quen lle da de comer.
@roicou que fora afín o pp era case evidente, creo que para traballar na tvg e requisito previo 😂 no que o teño escoitado defende a sanidade pública, de feito na entrevista di claramente ca defendeu a capa e espada, e eu con eso me quedo, votar que vote a quen queira como facemos todos 😉
@eukesey logo aínda di que a culpa é da xente que vai a urxencias por calquera cousa. Se esta xente puidese ir ao seu médico nun prazo razoábel, non irían a urxencias. Xa me quentei 😂
@roicou@eukesey@durru Eu creo que isto é o resultado de que xamais hai un partido que te represente ó 100%, así que votas ó partido que teña propostas que che gosten, malia que poida ter outras coas que estas en desacordo. O mellor o home este non concorde coa política sanitaria do PP, pero si con outras das suas propostas.
Ó final, cos partidos da esquerda, é mais ou menos igoal.
Lémbrame o caso dunha amiga afincada en UK fai décadas, casada e con fillos, cuxo marido votou SI ó BREXIT 🤦
@rubiosero@eukesey@durru por suposto que non hai partido que te represente ao 100%. Pero se es un gran defensor dunha causa ata este extremo, debes votar en consecuencia. Salvo que a sanidade pública non sexa unha das súas prioridades, claro
@roicou@rubiosero@eukesey Eu o miro como unha persoa súper especializada nun so tema sabe moitísimo do seu, vólcase no seu, nin sequera formou unha familia… Non lle chega o tempo máis que para depurar as súas técnicas cirúrxicas e practicálas… Ten ese pronto de cidadán do mundo de curar a todo o que poida curar… E claro, o sacas do seu tema e di barbaridades.
@durru@roicou@eukesey Eu non o vexo incompatible porque a capacidade de disociación da mente humana é abraiante.
Por iso vou puña o exemplo do inglés ese. Poido casar cunha española e montar unha familia con ela grazas a estar na UE, e agora a sua muller podería ser expulsada se non consigue o permiso de residencia. Se lle preguntas como puido votar SI nesa situación, diche que el non está dacordo en botar os europeos fora, pero que había outras cousas da UE que non che gostaban.
«Yo voté a Feijoo porque es paisano mío, lo conozco, tengo trato con él, y me parece un gran político. Hay que dar una oportunidad de cambio, más viendo todo lo que está pasando, lo que ha pasado»
¿Qué cambio? ¿Qué está pasando o pasó? ¿El PP va a mejorar algo, o va a destrozar lo poco que se consiguió hasta ahora? Si llega otra crisis como la pandemia, ¿la norma va a ser la de Ayuso?, ¿la de Rajoy cuando congeló las pensiones y acabó con la hucha?, ¿cuando prohibió la contratación de empleo público e hizo un destrozo a la sanidad, educación, ayuntamientos, etc?, ¿o va a ser un revoltijo de todas, llevándonos a la más absoluta de las miserias? Que alguien sea un excelente profesional no es un indicativo, per se, de que tenga una mínima coherencia política.
@roicou tamén dixo esto «No se valora lo que tenemos, el sistema sanitario español es ideal, el concepto es ideal, es universal, cubre a todo el mundo, si necesitas un trasplante te lo van a hacer…» que engada que e mellorable non o vexo mal a verdade. O curioso e ca voz puxo en negriña o que lle interesa como non podia ser doutra maneira 😜 o que mais me chamou a atención foi o de dereitas ou esquerda radical, ahí si non o vin moi neutral 😂 .
@roicou malia que non lle falta razon no feito de que a xente abusa dos servizos gratuitos (sei de quen traballa en ambulancias e flipas coa de veces que a xente chama a unha por trapalladas, e a moitos haberia que cobrarlles o servizo para que aprenderan) votar a quen quere desmontar a sanidade publica sendo medico ten delito. Salvo que teñas interese en acabar nun bo posto na privada cobrando un pastizal, pero nese caso xa non es medico, porque o benestar dos pacientes non e a tua prioridade
@roicou e o de votar a Feijoo porque o coñeces… Se xa os que non o coñecemos vemos que é un mentiroso compulsivo e un politico pesimo, canto mais non debe saber quen o coñece, pero por outra banda son os dous ourensans, e ali o caciquismo é a cousa mais normal do mundo. Vamos que Feijoo prometeulle algo a cambio do seu apoio, e nese caso os caciques non minten e cumplen co prometido
@ZapperDJ aí vouche levar a contraria. A sanidade non é gratuita. Que non pagues no momento non quere decir que non a pagues. E se os prazos para ir ao médico fosen adecuados, non iriamos a urxencias por todo
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon