O Red Dead Redemption 2 é unha traxedia interactiva.

O Red Dead Redemption 2 é unha traxedia interactiva. É un xogo que transmite unha sensación de slow burn onde o xogo recompensa o explorar e o tomar as cousas con calma. Onde cada personaxe ten unha personalidade moi marcada e van evolucionando a medida que avanza o xogo. Incluso a túa propia forma de xogar con Arthur (o personaxe que manexas no xogo) vai cambiando porque o xogo invita a que así sexa.

#reddeadredemption2

Un comentario

  1. O malo? Cando o xogas por primeira vez non es consciente de todo isto e o xogo avanza sen que te decates.

    A segunda partida é a boa. É a que se goza de verdade. Nesa partida aprecias absolutamente todos os matices do xogo, todas as historias que nos quixeron deixar os seus creadores en cada un dos recunchos do mapa. Simplemente espectacular

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *