Despois de moito pensalo, decidín por fin poñer en marcha este blog. Hoxe a miña páxina web persoal transfórmase nun espazo onde compartirei as miñas paixóns.
A partir de agora, este novo blog persoal e o de Cinefilia convivirán aquí. Aínda que Cinefilia manterá o seu propio subdominio, os seus contidos enlazaranse directamente a este espazo para ter todo centralizado aquí.
Falarei de todo un pouco: desde os meus proxectos de programación e informática ata reflexións sobre internet, videoxogos, cine ou incluso deporte. O obxectivo é crear un lugar de encontro para quen comparta estes intereses.
Este blog estará ligado á miña conta de Mastodon (@[email protected]), onde poderás seguir as actualizacións e participar en conversas, xa que os comentarios tamén estarán sincronizados.
Doulle a benvida a tódalas persoas que me queiran ler! Lémonos no Fediverso!
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon