Podo aceptar que por ecoloxismo Estrella Galicia pegue as latas cun punto de silicona entre si en vez de metelas nunha caixa de cartón.

Podo aceptar que por ecoloxismo Estrella Galicia pegue as latas cun punto de silicona entre si en vez de metelas nunha caixa de cartón… pero de verdade é necesario poñer a silicona polo lado do que bebes?

#estrellagalicia

6 comentarios

  1. @roicou eu sempre me preguntei se o punto de silicona é mais reciclável que a caixa de cartom (literal, pregunto-me porque nom o sei)

    1. @xurxodiz en canto a xestión de residuos, eliminas moito cartón da ecuación, que é moi voluminoso e require transporte. E pola parte de Estrella entendo que, ao non fabricar ese cartón, si que reducen considerabelmente a pegada de carbono.

      1. @roicou Mas ter o pontinho de silicona nom prejudica a reciclagem da lata mesma?

        1. @xurxodiz non, cando funden o aluminio ese punto quéimase sen deixar rastro. Aquí o incordio é ter que quitalo, que é realmente complicado, para beber

          1. @roicou ai mira pois daquela parece-me bem a cousa

            o que dis de que hai que tira-lo para beber nom sou ciente (nunca bebo cerveja) pero fio-me de ti de que é um problema 😅

          2. @xurxodiz algunhas veces non molesta, mais noutras xusto cadra debaixo de onde poñemos o fuciño na lata para beber e ao final rematas chupando silicona. É aí cando llo quito, mais estache ben pegado

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *