Recibín a mensaxe de #Durov en #Telegram sobre a nova lei das RRSS e os menores e… vaia show 🙄. Ten razón en que a verificación de idade obrigatoria é un perigo para a anonimidade, pero o seu discurso cheira a interese propio e drama innecesario.
Si, as redes teñen riscos graves para os rapaces, pero a solución non é o control biométrico total. Queremos protección, non vixilancia masiva. E tamén queremos menos populismo de CEO e máis debate serio sobre seguridade e privacidade.
Ver en Mastodon
Ver en Mastodon