Pola nova lei antitabaco entendo que nos estadios de fútbol xa non se poderá fumar, por fin
Para os que gostades de usar aplicacións "fossify" achei un identificador de chamadas spam que funciona moi ben. Desde que o teño non boto de menos a app de teléfono de Google
https://apt.izzysoft.de/fdroid/index/apk/com.addev.listaspam
Vexo moita historia coas centrais nucleares pero parece que a ninguén lle importan as de carbón e gas…
RE: https://masto.news/@vigo/116921790619405331
Un win-win. Pagan máis e veñen menos 😏
Agora si, chegou o momento de dar de baixa Google One e pasar a ter o control do que é meu. Non imaxinei nunca descargar toda a miña vida deste xeito.
#Google #GoogleOne #Nextcloud #Immich
Blog e Cinefilia
Montei o meu propio Spotify na casa
Cansei do algoritmo de Spotify decidindo por min. Montei un Navidrome na casa, organizo as etiquetas con Picard, compro en Bandcamp cando podo e en Android uso Symfonium, que por 6€ é mellor ca calquera app de streaming que probei.
A sobreoferta estragou a miña forma de escoitar música
Boto de menos os vellos CDs. O algoritmo e a sobreoferta estragaron a miña conexión emocional coa música, pero xa non sei vivir sen este catálogo infinito.
Internet morreu: é hora de construír a nosa rede
Tras como avanzan as censuras coma as da liga, toca facer unha nova infraestrutura. A alternativa P2P dende os móbiles até os tellados é posíbel e urxente. Non sexamos inquilinas, sexamos as donas da rede
Mission: Impossible (1996)
A primeira misión que consolidou a Tom Cruise como rei do cine de acción e iniciou unha das maiores sagas da historia.
The Old Guard (2020)
Unha proposta sólida que brilla en escenas de acción e na actuación de Charlize Theron, pero que podería ser moito máis se afondase no seu interesante concepto. A secuela podería ser a oportunidade de levar esta saga ao seguinte nivel
Jason Bourne (2016)
Cando unha historia está pechada, ás veces é mellor deixala estar. Esta cuarta entrega da saga Bourne achégase ao desastre.
The Bourne Ultimatum (2007)
O final da triloxía de Bourne chega con máis adrenalina e respostas. Unha viaxe que non dá respiro, atando cabos soltos dun xeito maxistral.
The Bourne Supremacy (2004)
Jason Bourne volve á carga! Nesta secuela, a persecución non para e a trama segue tan apertada coma sempre. Prepárate para outra dose de acción e intelixencia.
Sobrevivir sen o buscador de Google
Canso da palla nos resultados e do excesivo rastrexo de Google, decidín emprender unha odisea: sobrevivir sen o xigante. Despois de probar alternativas como DuckDuckGo, Qwant e Startpage, explico por que a solución final foi montar o meu propio metabuscador, SearXNG, en Docker.
The Bourne Identity (2002)
Un espía sen memoria, unha trama de infarto e acción da boa. Prepárate para viaxar polas rúas de Europa con Jason Bourne.
Foundation (Tempada 1) (2021)
Serie épica de ciencia ficción que segue a un grupo de exiliados na súa loita por salvar a humanidade e reconstruír a civilización durante a caída do Imperio
Tres semanas con GrapheneOS
Unha vida sen Google. Levo tres semanas usando GrapheneOS no meu Pixel e a experiencia ten de todo. Illar a Google con perfís é unha marabilla, mais... que pasa con Android Auto, WhatsApp ou as notificacións? 🤔
Conto as luces e sombras desta viaxe cara a privacidade no meu novo post. Bótalle un ollo! 👇