Imaxe de Montei o meu propio Spotify na casa

Montei o meu propio Spotify na casa

Cansei do algoritmo de Spotify decidindo por min. Montei un Navidrome na casa, organizo as etiquetas con Picard, compro en Bandcamp cando podo e en Android uso Symfonium, que por 6€ é mellor ca calquera app de streaming que probei.
Imaxe de Sobrevivir sen o buscador de Google

Sobrevivir sen o buscador de Google

Canso da palla nos resultados e do excesivo rastrexo de Google, decidín emprender unha odisea: sobrevivir sen o xigante. Despois de probar alternativas como DuckDuckGo, Qwant e Startpage, explico por que a solución final foi montar o meu propio metabuscador, SearXNG, en Docker.
Imaxe de Tres semanas con GrapheneOS

Tres semanas con GrapheneOS

Unha vida sen Google. Levo tres semanas usando GrapheneOS no meu Pixel e a experiencia ten de todo. Illar a Google con perfís é unha marabilla, mais... que pasa con Android Auto, WhatsApp ou as notificacións? 🤔 Conto as luces e sombras desta viaxe cara a privacidade no meu novo post. Bótalle un ollo! 👇
Imaxe de O meu Pixel 9 e GrapheneOS

O meu Pixel 9 e GrapheneOS

Desde hai un tempo para aquí preocúpame a miña privacidade. Isto fixo que me arrepentise un pouco de ter mercado un Google Pixel. O primeiro que fixen foi instalar Shelter para intentar ter algo máis de privacidade e despois descubrín GrapheneOS. Aquí conto como foi o proceso.
Imaxe de O meu sistema está actualizado

O meu sistema está actualizado

Durante anos, tívenlle pánico ás actualizacións de sistema. En Linux, especialmente se a actualización era do kernel, o reinicio era unha lotaría. Cruzaba os dedos para que todo arrincase correctamente, pero moitas veces o premio era unha pantalla en negro ou un sistema que non cargaba. Lembro a frustración de ter que investigar en foros […]
Imaxe de A moderación no Fediverso: entre o coidado da comunidade e o perigo do “fediblock”

A moderación no Fediverso: entre o coidado da comunidade e o perigo do “fediblock”

O Fediverso é un espazo de liberdade e diversidade, pero esa liberdade require responsabilidade. Unha das ferramentas máis controvertidas que xurdiu nos últimos tempos foi o chamado fediblock. Para quen aterra de novas neste universo, o fediblock consiste nunha práctica de adoptar listas de bloqueo masivas, compartidas por outras persoas administradoras, para silenciar ou bloquear […]
Imaxe de Os bloqueos de LaLiga

Os bloqueos de LaLiga

Porque a cuestión non é a legalidade, senón a lexitimidade ​Moitas veces, cando se fala dos bloqueos masivos de IPs que a liga de fútbol promove, escóitase o argumento de que son legais porque os avalan os xuíces. E iso é certo, tecnicamente son legais. Pero o debate real non está aí. O verdadeiro problema […]